Val do Río Macaco e aldeas de Lobios
Todas as fotos
Distancia
Tempo estimado
Ruta circular de sendeirismo en Lobios: Naturaleza e sabores do Xurés
Acompáñanos nunha espectacular xornada de sendeirismo no corazón do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Desfrutaremos dun percorrido circular con saída e chegada no concello de Lobios, ideal para conectar coa natureza e descubrir os seus mellores puntos de interese.Detalles do percorrido:
- Distancia: 11 kmDesnivel positivo / negativo: 350 m / 350 mDificultade: MediaTipo de ruta: Circular (inicio e final en Lobios)
Horario e programación:
- 09:15 h: Ponto de encontro na entrada de Lobios (na marquesiña, onde están as letras).09:30 h: Inicio da ruta.14:00 h Ao rematar: Degustación de produtos locais da zona para recuperar forzas e compartir momentos trala caminada.
Ruta Circular de 11 km que discurre polas aldeas de Lobios ao longo do Val do río Macaco. Con esta ruta descubriremos a historia de Lobios a través das súas aldeas e dos camiños antigos de carro que as unían. Delás, Ogos, A Regada ou Gustomeau serán os puntos polos que pasaremos, obtendo dende o alto unha das vistas máis bonitas do Parque Natural do Xurés sobre o val do río Macaco ou río Cabaleiro baixo os cumios da serra, como o Alto da Nevosa. Unha ruta sinxela para descubrir Lobios e o Xurés, con guía local que nos acompañará coas súas expicacións sobre as tradicións, lendas ou historias do lugar.Ao rematar a ruta, teremos unha pequena degustación de productos locais para descubrir así parte da gastronomía do lugar.Material recomendable para a actividade • calzado de montaña e roupa axeitada ás condicións climáticas desta época do ano (consultar a previsión meteorolóxica en días previos) • levar mínimo1 litro de auga por persoa e algunha petiscada lixeira. Hai fontes no camiño) • mochila pequena ou mediana e bastóns de trekking • protección solar e/ou para a choiva (en función da previsión meteorolóxica)
Día de realización
Precio
Reserva e pago
Punto de encontro