Ruta pola Serra do Val e a Canle de Escudeiros
Todas as fotos
Distancia
Tempo estimado
Roteiro interpretado duns 10 km de percorrido que transcorre por un entorno de
gran riqueza natural, patrimonial e paisaxística partindo do Santuario de Nosa Señora do Val
de Poulo.
A canle de Escudeiros é unha obra de enxeñaría para o aproveitamento hidroeléctrico das
augas do río Arnoia que alimentaba a minería de estaño da zona, pasando pola minicentral de
“A Bomba”.
O canón do río Arnoia rodeado por un exuberante bosque de ribeira será o noso compañeiro
de viaxe para rematala actividade de novo no Santuario de Nosa Señora do Val de Poulo.
Material recomendable para a actividade
• calzado de montaña e roupa axeitada ás condicións climáticas desta época do
ano (consultar a previsión meteorolóxica en días previos)
• levar mínimo1 litro de auga por persoa e algunha petiscada lixeira.
• mochila pequena ou mediana e bastóns de trekking
• protección solar e/ou para a choiva (en función da previsión meteorolóxica)
Tlfnos de contacto durante a actividade: 625 16 04 74 (Samuel)
Programa:
09:30 Recepción na explanada do Santuario da Nosa Señora do Val en Gomesende (O Val)
https://maps.app.goo.gl/xWdLBYrt3Ms7YRzVA
Presentación da actividade, do entorno natural e da historia da zona
9:45 Ruta interpretada pola Serra do Val e a canle de Escudeiros.
14:00 Fin do roteiro.
Degustación de produtos locais ao rematar. Bar o Braseiro, Lugar Fustans, 2, Gomesende
Día de realización
Precio
Reserva e pago
Punto de encontro


