Ruta O Santo
Todas as fotos
Distancia
Tempo estimado
Concello de CARTELLE
Sábado 31 de outubro de 2026
Teléfono de contacto durante a actividade: 625 16 04 74 (Samuel)
Programa:
10:00 Área recreativa e Praia fluvial O Santo
https://maps.app.goo.gl/jWg2bo9aebJMSMtc6
Presentación da actividade, do entorno natural e da historia da zona.
10:15 Ruta interpretada por Vilar de Vacas e pola ribeira do río Arnoia.
13:30 Fin do roteiro
Descrición da Actividade:
Distancia: 7 km Desnivel: +/- 255 Dificultade: Fácil Tempo estimado: 3 h (con paradas)
Roteiro interpretado duns 7 km de percorrido que transcorre por un entorno de
gran riqueza natural, patrimonial e paisaxística no concello de Cartelle.
Partindo da área recreativa de O Santo achegarémonos á aldea de Vilar de Vacas, onde
atoparemos exemplos de arquitectura tradicional como un peto de ánimas, a súa igrexa do S
XVII ou as súas casas antigas. A través de carreiros e pistas dedicadas ao cultivo de piñeiro e
carballeiras chegaremos á ermida de O Santo, terraza sobre o río Arnoia e antigo castro.
Descenderemos e remontaremos o río Arnoia por un carreiro que nos permitirá desfrutar do
rumor da auga, das espectaculares vistas, a vexetación de ribeira, os antigos muíños e as
pinturas de Pepe Álvarez que dan un toque máxico a este belo entorno.
Material recomendable para a actividade
• calzado de montaña e roupa axeitada ás condicións climáticas desta época do
ano (consultar a previsión meteorolóxica en días previos)
• levar mínimo1 litro de auga por persoa e algunha petiscada lixeira.
• mochila pequena ou mediana e bastóns de trekking
• protección solar e/ou para a choiva (en función da previsión meteorolóxica)
Día de realización
Precio
Reserva e pago
Punto de encontro
