|

/

Ruta do Pan de Entrimo

Ruta do Pan de Entrimo

Dificultade Media •

Todas as fotos

12 kmkm

Distancia

9:15 - 14:00h (con paradas)h

Tempo estimado

Percorrido circular

Unha viaxe entre a tradición, a natureza e os sabores do noso concello

Únete a nós o vindeiro 11 de outubro para gozar dous pasos da historia, a natureza e a tradición de Entrimo. A Ruta do Pan é unha andaina pensada para conectar co noso patrimonio rural, percorrendo paisaxes únicas e descubrindo o legado dos antigos muíños. Para pechar a mañá da mellor maneira, gozaremos dunha degustación cos produtos máis típicos da zona.

Detalles da Ruta

  • Data: 11 de outubro
  • Percorrido: Circular
  • Distancia: 12 quilómetros
  • Dificultade: Moderada

Horario da Xornada

  • 09:15 h – Punto de encontro na Casa do Concello (Alameda de Abaixo)
  • 09:30 h – Desprazamento ao punto de inicio da ruta (5 minutos en coche)
  • 09:40 h – Inicio da andaina
  • 13:15 h – Remate da ruta
  • 13:30 h a 14:00 h – Degustación gastronómica de produtos da zona
  • 14:00 h – Finalización da xornada

Recomendacións: Lembra traer calzado axeitado para sendeirismo, auga e roupa cómoda adaptada á meteoroloxía do día.

Día de realización

11 outubro

Precio

5 €

Reserva e pago

https://www.conocegalicia.es/

Punto de encontro

Casa do Concello (Alameda de Abaixo)