|

/

Ruta Celanova

Ruta Celanova

Dificultade Fácil •

Todas as fotos

12,24km

Distancia

9:30 - 13:30h

Tempo estimado

Percorrido circular

CELANOVA, UNHA VILA MIL HISTORIAS

O vindeiro 12 de outubro, terá lugar unha ruta que percorrerá camiños de Celanova,onde os participantes poderán descubrir distintas paisaxes, distintas historias, contadaspor unha guía que os acompañará durante todo o percorrido, convertindo cada paso nunha experiencia e aprendizaxe da nosa terra.

Un percorrido polas etapas históricas, dende a cultura castrexa, pasando pola época medieval, para achegarnos ata os nosos días.

As ruta ten un custo de 5 €, sendo gratuíta para aquelas persoas que estén aloxadas nun establecemento do noso Xeodestino.

RUTA CIRCULAR

Celanova – Castromao – Vilanova dos Infantes – Celanova.

HORARIO: 09:30 h – 13:30 h.

INICIO: 9.30 Praza Maior de Celanova.

DISTANCIA: 12,24 km

DIFICULTAD: Fácil

FIN: Praza Cervantes.

PROGRAMA

9:15 h. PRAZA MAIOR

Encontro de participantes.

9:30 h. PRAZA MAIOR. Inicio da ruta.

– Castromao. Xacemento galaico – romano, capital do pobo dos coelernos, un dos pobos indíxenas que habitaba a Gallaecia durante a Idade de Ferro e a Romanización.

– Vilanova dos Infantes. Recoñecido como un dos pobos máis bonitos de España, realizarase un percorrido polo burgo medieval que conserva a esencia desa época, para posteriormente acceder á Torre da Homenaxe.

13:30 h. PRAZA CERVANTES.

ECOEXPERIENCIA VINCULADA:

– Cata comentada de queixos, viños e mel. (Quesos Feijoo)

Día de realización

12 outubro

Precio

5€

Reserva e pago

https://www.conocegalicia.es/

Punto de encontro

Praza maior de Celanova