|

/

Ruta a Canle do Ruca e os seus miradoiros

Ruta a Canle do Ruca e os seus miradoiros

Dificultade Media •

Todas as fotos

9 kmkm

Distancia

4 (con paradas)h

Tempo estimado

Percorrido circular

Descripción da ruta 

Teléfonos de contacto durante a actividade: 678 60 29 28 (Rubén)  

Programa:  

09:30 Recepción na explanada da MiniCentral hidráulica de A Merca (Rubillós)  https://maps.app.goo.gl/QHGkHMDRXwwZ6CcJ9 Neste punto hai sitio de sobra para deixar  os  turismos  

Presentación da actividade, do entorno natural e da historia das centrais hidroeléctricas en Galicia  

10:00 Ruta interpretada da Canle do Ruca e os seus miradoiros. Xogos interpretativos durante a actividade  

13:00: Fin do roteiro  

Degustación de miel  a cargo de Rubén de MEL DO CAMINERO (meles de A Merca)

Roteiro interpretado duns 9 km de percorrido que transcorre por un entorno de gran riqueza natural, patrimonial e paisaxística partindo da propia Aldea de Rubillós. 

 A canle do Ruca é unha espectacular obra de enxeñaría da década dos 30 no século XX, o cal nunca chegou a estar en funcionamento, e que pretendía o aproveitamento hidroeléctrico das augas do río Arnoia. O artífice do proxecto foi Francisco Conde-Valvís, apodado o Ruca, un investigador e enxeñeiro alaricano que introduciu a enerxía eléctrica en Ourense  

Grande parte do percorrido transcurre pola propia canle onde poderemos visitar a casa das turbinas, a ruina das comportas e nos adentraremos nun tunel de 20 metros excavado para salvar un resalte rochoso. 

Neste fermoso percorrido visitaremos, ademáis, as aldeas de Rubillós e Entrambosrríos e ascenderemos ao miradoiro de Airiña da Lera onde desfrutaremos de inesquecibles panorámicas da canle do Ruca e o canón do río Arnoia (o río máis longo da provincia de Ourense). 

Material recomendable para la actividad 

 • calzado de montaña e roupa axeitada ás condicións climáticas desta época do ano (consultar a previsión meteorolóxica en días previos)  

• levar mínimo1 litro de auga por persoa e algunha petiscada lixeira. Hai fontes no camiño)  

• mochila pequena ou mediana e bastóns de trekking  

• protección solar e/ou para a choiva (en función da previsión meteorolóxica)

Ecoexperiencia vinculada

 Meles Caminero de A Merca

Día de realización

17 outubro

Precio

5 €

Reserva e pago

https://www.conocegalicia.es/

Punto de encontro

9.30 Explanada da MiniCentral hidráulica de A Merca (Rubillós) https://maps.app.goo.gl/QHGkHMDRXwwZ6CcJ9