Muiños Arqueolóxico e ruta ata Salgueiro
Todas as fotos
Distancia
Tempo estimado
Esta actividade combina a divulgación patrimonial co sendeirismo a través dun percorrido fascinante. Comenzaremos descubrindo o legado megalítico do encoro de Salas, visitando dolmens emblemáticos e antigas construcións tradicionais como o Foxo do Lobo. Posteriormente, faremos unha andaina guiada dende Prado ata Salgueiro, unha abraiante aldea recuperada no corazón do Parque Natural, rodeada dunha paisaxe de montaña única. Para rematar a xornada da mellor maneira, gozaremos dunha pinchada de convivencia nun contorno privilexiado.
Programa da xornada:
- 9:30 h – Punto de encontro: Complexo Turístico O Corgo.
- 9:45h – Visita á Aula Arqueolóxica do Megalitismo.
- 10:00 h – Saída en autobús cara ao Encoro de Salas:
- Visita aos dolmens da Casiña da Moura e Casola do Foxo.
- Visita ao Foxo do Lobo.
- 11:30 h – Saída cara a Prado.
- 11:45 h – 14:00 h – Andaina Prado – Salgueiro (Visita guiada).
- 14:30 h – Baixada ao Complexo Turístico O Corgo:
- Pinchada no Restaurante A Rola.
Material recomendable para a actividade
• calzado de montaña e roupa axeitada ás condicións climáticas desta época do ano (consultar a previsión meteorolóxica en días previos)
• levar mínimo1 litro de auga por persoa e algunha petiscada lixeira. Hai fontes no camiño)
• mochila pequena ou mediana e bastóns de trekking
• protección solar e/ou para a choiva (en función da previsión meteorolóxica)
Día de realización
Precio
Reserva e pago
Punto de encontro




