RUTA SAN XÉS – O VISO
Todas as fotos
Distancia
Tempo estimado
O itinerario comeza na Porta de Lobeira, na rúa do Toural, onde un autobús recolle os participantes para lle dar comezo á andaina na contorna natural de Pontes de Parada. Ao inicio faise entrega dunha camiseta conmemorativa.
A ruta ten unha distancia de 10 quilometros e comeza polos sendeiros que rodean a igrexa e os montes de San Xés de Vilariño. O chan é firme e discorre entre vexetación autóctona, sobreiras e fragas que ofrecen unha boa sombra mentres se gaña algo de altitude.
Tras deixar atrás San Xés, o camiño adéntrase na fraga máis profunda para atopar o curso do río Fragoso, un tramo de enorme beleza natural.
A continuación, a ruta pasa pola localidade de Sabariz, onde se atopa o primeiro punto de avituallamento con auga fresca, froita de tempada e barriñas enerxéticas.
O tramo final inclúe unha subida que leva directamente á Porta de Lobeira, un dos pasos históricos que comunican estas terras. Alí organízase a festa final e o segundo avituallamento para recompensa do esforzo, cunha mesa completa con bocadillos de embutido local, auga e refrescos.
Como remate da xornada, para todos os interesados e especialmente a veciñanza de Lobeira, faise unha subida en coches particulares á Capela do Viso. A carón da capela, coa panorámica da Baixa Limia aos pés, faise unha pausa de silencio e lembranza para honrar a memoria de Triky, compartindo o espírito e a paixón que sempre tivo por ensinar a beleza da súa contorna.
Hora de inicio: 8:30h
Hora de finalización: 13:00h
Percorrido: Lineal (con autobús)
Día de realización
Precio
Reserva e pago
Punto de encontro


